domingo, 8 de abril de 2012

Reseña Resolución de conflictos

Boa Vida Inclusión Activa programou un curso de 4 horas sobre formas non litixiosas e non competitivas de resolver os conflitos do cotián así como aqueles máis específicos que teñen lugar nas organizacións. Ao ser unha actividade aberta e gratuíta, ademais das persoas de Boa Vida, apuntáronse membros de Cáritas e da Asociación Marroquí de Pontevedra. Valoramos isto moi positivamente xa que abre vías de comunicación tanto á sociedade en xeral como entre asociacións.

A imaxe ilustra como en circulo nos entendemos mellor.

Desde o cotián pódese incidir na realidade para facela moito máis tolerante e comprensiva coas posturas dos demais. O pórse nos zapatos do outro, empatizar lograr velos problemas dende outra perspectiva . Tan sinxelo, tan complicado.

Escomenzou o curso cunha introdución ás diferentes teorías da comunicación e os estilos de recepción da mesma. Son as nosas propias estruturas cognitivas as que filtran ou modelan as mensaxes que reciben. Falamos da comunicación non verbal, a paraverbal e tódalas formas que axudan a comunicar o noso pensamento e emocións.

As comunicación dentro do grupo, os roles que cada quen desenrola e a narrativa que produce foron tratados para comprender un dos puntos básicos da mediación: o noso punto de vista e un dos posibles e un dos moitos admisibles. Non o único nin o máis verdadeiro.

No grupo falouse da importancia que ten a resolución de conflitos dentro dos grupos e as asociacións, non só por didáctica, senón porque a súa práctica frecuente reforza os vínculos e convén á construción do grupo ou asociación.

Tamén se falou da creación dos prexuízos e da súa capacidade para pervivir nas mentes e no comportamento das persoas, sen que a mera sensibilización cognitiva poida erradicalos.

No derradeiro día dedicamos ás dúas horas a práctica introdutoria dunha mediación, penso que foi o máis divertido xa que trocamos os papeis que iamos representar, e coido que algunhas persoas do grupo teñen potencialidadades máis que dabondo para ser mediadores.

A avaliación realizada dende a xunta directiva, foi positiva en xeral, expresando:“estivo ben, moi interesante” ,“axuda a resolver os conflitos por medios pacíficos ou non violentos”, “axuda á boa relación na asociación”. Non se destacou nada a cambiar, si a mellorar na fase de avaliación entregar ás persoas asistentes unha enquisa para obter maior calidade e cantidade nas impresións dos asistentes. O docente non fixo máis que recoñecer o interés e implicación das persoas asistentes, cousa que agradeceu moito.

Entregáronse certificados de asistencia.

Como actividade o grupo Boa Vida considerou que poderían darse uns módulos máis adiante con temas específicos que se viron moi por encima nesta palestra. Como din os aviadores: o límite está no firmamento.

Por José Antonio Ramírez Amor. Monitor do curso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario