Xestión
de asociacións participativas e reunións de equipo
Presentación
Un dos obxectivos de Boa Vida Inclusión Social Activa, é facernos
referentes no mundo asociativo das persoas en situación de pobreza e exclusión,
na consecución deste obxectivo atopámonos con moitos, atrancos un deles, común
a todas as organizacións, e a falla de formación en organización das persoas que
participamos, por isto decidimos ofertar este seminario, que esperamos mellore
a nosa capacidade organizativa e nos axude a seguir camiñando con outras
organizacións para acadar o obxectivo colectivo de construír unha sociedade
mais xusta, dende as nosas vidas e organizacións.
Datas: 28 e 29 de agosto de 10 a 13:30
Lugar: Asociación A gradicela, r/ Cruz Vermella 16,
Pontevedra
Custe: Gratuíto para socios de Boa vida, Lilith, e
A gradicela.
5 euros para non socios.
Nota.
Asociarse a Boa Vida non ten cota.
Inscricións: por orde de chegada:
Limite de prazas: 15.
Datos: Nome e apelidos, tel., mail e DNI no caso de solicitar
certificado.
Tel.: 664107089
PROGRAMA
Martes 28 de agosto
10. 00 – Presentación
10: 15- A xestión participativa das asociacións
Planos estratéxicos e estatutos. Formulación de propostas
10:45 – Exercicio práctico en grupos
11:15 – Descanso
11:30 – Posta en común
12:30 – Elementos clave da xestión exitosa e participativa
(Programación, avaliación, asembleas, xunta directiva, liderados,
finanzas, tesourería, recursos humanos, secretaria vogalías e presidencia)
13:15 – Debate
Mércores 29 de agosto
10:00 - Presentación
10:15 - Xestión de reunións participativas
10:45 - Exercicio práctico.
11: 15 - Descanso
11:30 – Posta en común.
12:30 – Elementos clave das reunións exitosas e participativas
Comunicación, secretaría, orde do día, organización, superación dos
vicios
13:00 – Debate
13:15 – Avaliación e peche
Organiza:
Boa vida http://boavidacasaazul.blogspot.com.es/p/contacto.html
Colaboran:
- O soño de Lilith
- Grupo de consumo responsable A Gradicela
http://agradicela.org/
No hay comentarios:
Publicar un comentario