viernes, 9 de noviembre de 2012

Axuda Mutua



Imos a dar a chapa á sociedade, non nos deixamos vencer e xuntos camiñamos "Stop pobreza"
 
Un grupo de ‘Axuda Mutua’ apoiará a persoas en situación de pobreza e exclusión social en Pontevedra
 
Un dos obxectivos da Asociación Boa Vida Inclusión Activa é a organización de actividades orientativas,  Esta iniciativa está baseada no apoio mutuo que as persoas poden realizar dende unha situación de pobreza e a exclusión.
Consiste na asistencia dúas veces ao mes ao grupo de axuda mutua no que se irán tratando temas de interese das persoas asistentes entre eles, haberá un espazo específico para a aprendizaxe de coidar o propio corpo, escoitar e falar, (facer peticións, escoitar peticións), organización económica (teléfono, bancos, alimentos, roupa...), etc.
O grupo responderá ao seguinte lema: ‘Tan solo tes que querer pasar un tempo agradable, aprender e compartir’
A actividade desenvolverase aberta á participación das persoas da urbanización de Monteporreiro e o resto da cidade de Pontevedra, poderase asistir os dous días ou soamente un deles.
O calendario desta actividade queda establecido do seguinte xeito:
Os primeiros luns de mes en Cáritas Monteporreiro, de 5 a 7 da tarde.
Os terceiros venres de mes no Local de Rexurdir Rúa Cruz Vermella, núm 18 de 10 a 12 da mañá.
Inicio: 5 de novembro 2012. en Cáritas.
Fin: 19 de abril 2013. en Rexurdir.
O grupo estará dirixido por dirixido por Pepa Vázquez, Traballadora Social Voluntaria da asociación con experiencia nesta clase de Traballo Social con Grupos
A asistencia é gratuíta para os socios de Boa Vida. Mentres, as persoas non socias aportarán a vontade segundo os seus recursos económicos.
As prazas son limitadas.

Gacetilla Octubre 2012




Boas. Aquí seguimos, este mes tivemos a axenda bastante cargada, estas son as novas:
O día 6 de outubro Boa Vida estivo no III encontro anual da EAPN que se celebrou na cidade da cultura de Santiago; haberá que darlle uso.
Comezou o encontro coa escoita ao presidente de EAPN España Carlos... que fixo un repaso aos diferentes problemas que atopamos no día a día, facendo fincapé en que os últimos en ter a atención dos políticos somos sempre os pobres, dos que se fala, pero con quen non se fala. No grupo houbo diversidade de opinións sobre a súa intervención.
A compañeira Ruth presentou as actividades que levamos facendo dende o principio, que non son poucas.
Dentro das actividades programadas escoitamos aos tres representantes dos partidos políticos con representación na cámara galega ate entón, xa que este ano o tema central deste encontro foi; participación política dos pobres e excluídos. Os alí presentes preguntamos aos políticos cuestións sobre temas relacionados coa exclusión; lástima que as respostas non concorden cós feitos.

17 de outubro. Demos unha rolda de prensa para comunicar a charla con motivo do día internacional da erradicación da pobreza que promoveu Boa Vida, e gravamos un debate que pronto colgaremos. Este ano dedicado a pobreza e medios de comunicación, coa participación de Juan de Sola, presidente de Agareso.
Falou da pobreza informativa que padecemos todos, debido á presión que fai o quinto poder, que é o primeiro, sobre os profesionais dos medios informativos. Tamén está a liña editorial e as presións políticas.
Ao final do acto servimos un ágape que nos axudou a confraternizar cos asistentes que foron 15 persoas. Convidamos aos tres partidos politicos e solo acudiuo o PSOE. Rematamos o acto con Gustavo Almeida cantando de "Frente" gracias!! http://www.gustavoalmeida.com/

Chegáronnos noticias de que a información dada por un colectivo de Vigo aos usuarios da RISGA e calquera persoa que necesite esta prestación, molestou aos traballadores/as sociais de atención primaria desta cidade. A información consistía en preparar aos necesitados da RISGA para a entrevista con estas traballadoras. Pensamos que os usuarios dos servizos sociais deben estar o mais informados posible, e coñecer os nosos dereitos é fundamental. Dende Boa Vida rexeitamos as queixas destas traballadoras e avogamos pola defensa ao dereito á información.

O próximo mes iniciamos o grupo de axuda mutua, dirixido a persoas en situación de exclusión ou con dificultades derivadas da pobreza, pronto colgaremos información no log. Estará dirixido pola compañeira e voluntaria da asociación Pepa.
Tratará das relacións sociais. Como interactuar, o respecto, a autoaxuda ou a axuda mutua entre outras cousas. Esperámoste. Tamén a preparación da asemblea xeral para xaneiro coa renovación da xunta directiva e plan de traballo.
Aínda que somos coma esos arboriños pequenos recén plantados, a pouco que nos deixen podemos dar froito. Só precisamos que os ventos da macroeconomía non rompan as nosas vidas. Xa non se trata de ideoloxía, senón de economía doméstica e supervivencia. Cantos mais sexamos maior forza teremos. Non te cortes, participa da vida, sexa onde sexa.