viernes, 9 de noviembre de 2012

Gacetilla Octubre 2012




Boas. Aquí seguimos, este mes tivemos a axenda bastante cargada, estas son as novas:
O día 6 de outubro Boa Vida estivo no III encontro anual da EAPN que se celebrou na cidade da cultura de Santiago; haberá que darlle uso.
Comezou o encontro coa escoita ao presidente de EAPN España Carlos... que fixo un repaso aos diferentes problemas que atopamos no día a día, facendo fincapé en que os últimos en ter a atención dos políticos somos sempre os pobres, dos que se fala, pero con quen non se fala. No grupo houbo diversidade de opinións sobre a súa intervención.
A compañeira Ruth presentou as actividades que levamos facendo dende o principio, que non son poucas.
Dentro das actividades programadas escoitamos aos tres representantes dos partidos políticos con representación na cámara galega ate entón, xa que este ano o tema central deste encontro foi; participación política dos pobres e excluídos. Os alí presentes preguntamos aos políticos cuestións sobre temas relacionados coa exclusión; lástima que as respostas non concorden cós feitos.

17 de outubro. Demos unha rolda de prensa para comunicar a charla con motivo do día internacional da erradicación da pobreza que promoveu Boa Vida, e gravamos un debate que pronto colgaremos. Este ano dedicado a pobreza e medios de comunicación, coa participación de Juan de Sola, presidente de Agareso.
Falou da pobreza informativa que padecemos todos, debido á presión que fai o quinto poder, que é o primeiro, sobre os profesionais dos medios informativos. Tamén está a liña editorial e as presións políticas.
Ao final do acto servimos un ágape que nos axudou a confraternizar cos asistentes que foron 15 persoas. Convidamos aos tres partidos politicos e solo acudiuo o PSOE. Rematamos o acto con Gustavo Almeida cantando de "Frente" gracias!! http://www.gustavoalmeida.com/

Chegáronnos noticias de que a información dada por un colectivo de Vigo aos usuarios da RISGA e calquera persoa que necesite esta prestación, molestou aos traballadores/as sociais de atención primaria desta cidade. A información consistía en preparar aos necesitados da RISGA para a entrevista con estas traballadoras. Pensamos que os usuarios dos servizos sociais deben estar o mais informados posible, e coñecer os nosos dereitos é fundamental. Dende Boa Vida rexeitamos as queixas destas traballadoras e avogamos pola defensa ao dereito á información.

O próximo mes iniciamos o grupo de axuda mutua, dirixido a persoas en situación de exclusión ou con dificultades derivadas da pobreza, pronto colgaremos información no log. Estará dirixido pola compañeira e voluntaria da asociación Pepa.
Tratará das relacións sociais. Como interactuar, o respecto, a autoaxuda ou a axuda mutua entre outras cousas. Esperámoste. Tamén a preparación da asemblea xeral para xaneiro coa renovación da xunta directiva e plan de traballo.
Aínda que somos coma esos arboriños pequenos recén plantados, a pouco que nos deixen podemos dar froito. Só precisamos que os ventos da macroeconomía non rompan as nosas vidas. Xa non se trata de ideoloxía, senón de economía doméstica e supervivencia. Cantos mais sexamos maior forza teremos. Non te cortes, participa da vida, sexa onde sexa. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario