miércoles, 9 de enero de 2013

Gacetilla decembro 2012



GACETILLA  DECEMBRO 2012

Ao longo deste ano fixemos actividades formativas, informativas e reivindicativas das que informamos no seu momento. Quedámonos con todo; pero hai que subliñar o respecto como unha das nosas máximas da vida asociativa que sempre procuramos manter en cada reunión. Partindo de aí, aprendemos que contrastar opinións despexar a mente fortalecéndoa.
Outro dos fins da asociación é o que chamamos desaprender, que significa substituír hábitos e costumes prexudiciais por outros que nos beneficien. Isto é importante non só a nivel asociativo, senón a nivel persoal, no tempo de lecer ou en calquera actividade da vida. Nalgúns casos ate fai pouco as nosas vidas tiñan demasiados capítulos amargos. Isto ímolo cambiando día a día froito do esforzo por desaprender que cada un vai facendo.

Este mes de decembro tivemos tres reunións. Nelas concluímos a memoria de actividades e cadramos as contas. Esta documentación enviámola á EAPN co fin de entrar a formar parte da súa rede. Estamos aceptados, agora toca TRABALLAR.Tamén mandamos aos socios a convocatoria da asemblea do 23 de xaneiro, xunto coa felicitación de Nadal.

O día 11 de decembro estivemos no encontro de voluntariado que se celebrou na Coruña. Presentamos a asociación e explicamos un pouco de onde vimos, que actividades facemos, como traballamos e qué proxectos temos. Hai que dicir que a preparación da exposición foi moi pouca por parte dos compañeiros. O medo a falar en público e algún problema técnico afectáronnos negativamente pero felicitáronnos polo noso traballo e asombráronse de que foramos capaces de facer tantas cousas.

Para o futuro seguiremos abordando os proxectos con ilusión; aínda que somos conscientes de que no 2013 os asuntos sociais van camiño de converterse en algo folclórico. Ao noso entender a tendencia é substituír dereitos por beneficencia. Nós creemos que nos agarda unha longa noite de pedra. Esta situación pódese superar con intelixencia, traballo e tesón. Aí estaremos.

Bo Nadal e Boa Vida.


No hay comentarios:

Publicar un comentario