sábado, 30 de marzo de 2013

Gacetilla marzo 2013

 




Seguimos con xuntanzas semanais en diferentes locais que nos prestan. Sobre a conveniencia de dispoñer de local propio estivemos debatendo fai pouco e decidimos seguir como ate agora. Do Plan de Traballo deste ano nos próximos meses abordaremos, da área informativa. Organización programa radio, da area educativa: Grupo de axuda mutua e conversa en inglés, e da Laboral: Recolledores de boñigas de can e visita Emaus Vigo. Tamén obradoiro de fotografía da EAPN en Pontevedra. Fixemos un novo contrato para os prestamos aos socios.                             Foto equipo, faltan Lito, Toño, e Rafa,
Entrevista con Carmen Fouces.
Concelleira de SS.SS do Concello de Pontevedra.
A mediados de mes mantivemos unha reunión na concellería de SS.SS. Demandamos cláusulas sociais nos contratos empresa Concello e parece que os servizos xurídicos do Concello atopan problemas para aplicar ditas cláusulas. Ademais disto plantexámoslle  o tema das hortas urbanas, a axuda coas fotocopias…. En definitiva falámoslle de colaboración e axuda. Igual nos equivocamos; pero a impresión que temos é de que imos ter que seguir intentando facerlle entender que os nosos son proxectos importantes.Acudiron á reunión Lito, Mª Lo, Pepa, Saadia e Ruth. Esperamos a súa resposta ás peticións mais concretas que non son posibles na Deputación, (local para reunións puntuais).
Entrevista con Marta Iglesias.
Deputada de SS.SS Deputación de Pontevedra.
Recibiunos puntualmente, a deputada, e despois de presentarnos expuxémoslle os proxectos que temos. Mostrouse moi receptiva no que ao seu departamento se refire. Seguiremos en contacto para ir concretando colaboracións. Enviarémoslle dúas propostas unha sobre fotocopias e outra sobre uso da aula informática. Tamén nos facilitou mais contactos interesantes.
É importante non deixar de solicitar axuda ou colaboración das institucións porque non debemos esquecer que os políticos están aí para abordar, xestionar ou resolver os problemas ou as necesidades da xente. É unha forma de comprometernos uns e outros.
Grupo de participación na EAPN
En marzo estivemos no grupo que prepara o encontro de participación cidadá que se vai celebrar no mes de xuño. Tivemos dúas reunións e falta unha terceira. O tema elixido son os dereitos fundamentais, xa sabedes, aqueles que se poden reclamar xudicialmente. A EAPN Galicia invitounos a participar na preparación deste evento e a nós pódenos servir de rodaxe. A nosa participación non se pode cualificar de decisiva; pero estamos aí. Próxima reunión en maio recibilos en Pontevedra.
Este mes continuamos manifestándonos en contra das políticas de recortes e privatización de todo o público. Fixémolo de forma individual e non como grupo debido ao traballo que tivemos ultimamente.
Tamén estamos a participar nas manifestacións relixiosas, que é o que toca nesta semana santa. Isto demostra a pluralidade que reina na asociación.
Despedímosvos ate finais de abril con mais novas. Un saúdo.     Equipo Boa Vida. 

domingo, 17 de marzo de 2013

Gacetilla febreiro




Agradecemos a Virginia a idea e a Tino o debuxo inicial.

En febreiro tivemos tres asembleas extraordinarias. A segunda semana dedicámola a facer un curso de inciación á contabilidade. Agradecemos a Xosé Cuns a colaboración desinteresada. Aprendemos as claves para cadrar as contas e levar unha contabilidade clara, transparente e responsable. O curso pareceunos interesante e quedáronnos ganas de mais.

Solicitamos entrevista coa concelleira de Servizos Sociais do Concello de Pontevedra que nos recibirá no mes de marzo.

Continuamos co grupo de axuda mutua (GAM) en monteporreiro, quédannos dúas sesións e logo avaliaremos a actividade para ver se continuamos.

Fondo común.

Temos un fondo con algúns cartos procedentes das cotas dos socios, donacións e algunhas charlas nas que estivemos. Utilizámolo para sufragar gastos organizativos e administrativos, viaxes, etc. Este fondo creámolo tamén para que os socios poidamos solicitar un préstamo para facer fronte a calquera eventualidade particular. Puxémolo en practica fai pouco e aínda estamos facendo os axustes necesarios para o seu bo funcionamento.

Proxecto radio.

Coa finalidade de aprender e compartir experiencias, estamos estudando a posibilidade de participar nun programa da Radio Galega. Isto permitiríanos ser mais visibles; ao tempo que poderíamos colaborar con outras asociacións. Iremos informando dos avances neste eido.

Reivindicación e protestas.

Este mes, coma noutros anteriores, participamos en manifestacións en contra dos recortes nos servizos públicos; pois estes, repercuten negativamente sobre todo nas clases mais desfavorecidas.

Este goberno privatiza o público rendible e nacionaliza os bancos con problemas. Mal negocio para a cidadanía. Hai un desacougo xeneralizado na poboación, e a escandalosa corrupción institucional xenera mais crispación se cabe.

Un saúdo a todos.

Equipo Boa Vida.