domingo, 5 de mayo de 2013

Gacetilla abril

Está en trámite parlamentario nova lei RISGA, que se chamará Lei de Inclusión. Engade flexibilidade laboral aos perceptores desta pensión. Iremos vendo que outros cambios ten e como se van aplicando.

 Actividade do grupo:
- Vimos de presentar as fotos para o concurso fotográfico sobre pobreza que promove a EAPN. O premio é material fotográfico por valor de 300€. Xa avisaremos do resultado. 

- Somos a organización anfitriona do grupo de Participación que se reunirá en Rexurdir o día 10 de maio. Estamos nerviosos esperamos que se atopen agusto.
 
- Fixemos un importante esforzo indo a Vigo, a atoparnos con Emaús Vigo. Recibiunos Montse e Juncal. Sufriron un ERE e están bastante limitados. En materia de colaboración non concretamos nada; pero puxemos as bases para futuros proxectos.

- Nós tamén estamos tendo problemas. O grupo está de baixón e as reunións son menos numerosas. Pasa nas mellores familias. Moitas veces as persoas que mais axuda precisan son as que menos a solicitan, e nós en algunhas cuestións somos especialmente vulnerables. Das dúas reunións coas institucións de Pontevedra (Concello e Deputación), temos poucos resultados, o Concello (concelleira de Benestar Social) non nos contestou a petición de locais para reunirnos, co cal a reunión para pouco serviu, temos confianza en que non viramos o correo como nos pasou coa segunda petición de entrevista. Da Deputación (Deputada de Servizos Sociais) si que temos resposta temos que facerlles unha proposta sobre apoio para fotocopias e aula de informática, iremos informando.

A pesar das dificultades, empezamos un obradoiro de arquivadores de cartón, sen mais que boa intención e copiando un deseño doutro fomos capaces de inicialo e facer 2 arquivadores e os modelos nunha hora, non está mal para ser inempleables. Incorporáronse a este obradoiro dúas persoas novas.

Tamén apoiamos unha compañeira que tiña un problema de desconto da súa pensión por unha mala información dos funcionarios que lle deixaron presentar mal un recurso e que neste momento temos compromiso telefónico de que lle van devolver os cartos porque foi un error, cando recibamos a comunicación por escrito festexarémolo.

Seguiremos facendo camiño.

Eventos aos que asistimos, xa sabedes que normalmente non imos a nada pero pouco apouco imos "integrándonos".

- Boa Vida estivo na charla da renda básica das iguais. Este acto foi organizado pola Asociación en Pé. Vimos unha película e despois mantivemos un debate sobre o tema. Pepa, membro de Encontro e voluntaria en Boa Vida dirixiu o coloquio. Explicou algúns capítulos da renda básica que tanta falta fai. Falouse da financiamento, distribución etc.

- Tamén estivemos na charla sobre vivenda organizada pola concellería de SS.SS. de Pontevedra. A maxistrada invitada, resumindo moito, veu a dicir, que no caso dos desafiuzamentos os xuíces están obrigados a aplicar as leis vixentes, e con eses “mimbres”, poucos cestos se poden facer.
Sobre a intervención do xefe de area do instituto de vivenda e solo, quedounos a sensación de que aínda que funciona ben, a súa labor é claramente insuficiente, dada a situación social e o escaso orzamento que manexan.

- Fomos a un obradoiro sobre Moeda Social, que organizou AMARANTE, un economista e un socio dunha cooperativa integral explicaron como se pode organizar outra economía, mais solidaria. Eran de Zamora e xa están intercambiando alimentos e servizos, en Barcelona tamén levan 2 anos coa experiencia e teñen incluso un centro de saúde, falla fan experiencias que dean ánimos. E a un curso de preformance de dous días.

- Película sobre Grecia, e a débeda, oi organizada polo partido ecosocialista. Describíanse as causas e efectos da crise. Quedou bastante claro que o neoliberalismo a ultranza é o responsable da difícil situación que atravesa o país. A corrupción campa ás súas anchas a tódolos niveis da administración, e o FMI, o banco mundial, xunto coas multinacionais son o motor dos desequilibrios que está a sufrir a poboación. Por non falar das penalidades que pasa a cidadanía. Chove sobre mollado e nós imos polo mesmo camiño.

Un saúdo. Equipo Boa Vida.