domingo, 9 de junio de 2013

4 Encontro EAPN. Cidadanía Inclusiva



Este encontro foi para a nosa asociación un punto de inflexión, xa que como sabedes polas gacetillas anteriores estamos nun momento difícil en canto a persoas que non poden participar por motivos moi diversos.

Fixemos unha importante reflexión sobre cuestións que ás veces temos que facer a pesar de que non nos gusten ou das que non lle vemos claro o beneficio para nós individualmente pero si para o grupo. Unha das reflexións de persoas que non foron ao encontro teñen que ver coa falla de utilidade, co discurso lonxano dos intereses das persoas excluídas e o repetitivo da temática, e a pseudo participación dos excluídos naquelo que eles chaman “entidades” non “organizacións”, todo isto reforzado coa importancia de que as decisións individuais han de respectarse. O resultado foi que solo estivemos 3, e que temos un ano por diante para mellorar a nosa participación no deseño do encontro para sacarlle partido a un espazo tan valioso.

Na primeira conferencia O Valedor do Pobo.  Julio Fernández explicou de forma moi amena as súas funcións e como facer queixas nesta institución. So sorprendeu un pouco, por momentos cando se dirixía ao publico como se non se entendera onde estaba a dereita e a esquerda para atopar o edificio no que se atopan as súas instalacións.

En Boa Vida, algúns preguntábanse que fixera no caso das preferentes, sobre iso non llo preguntamos pero si que nos informou sobre desaucios, que 10 familias están nos seus domicilios grazas ás queixas que presentaron e este mediou cos bancos. Tamén sabemos da súa pronta resposta xa que no 2010 escribímoslle e respondeunos moi amablemente.

A conferencia fíxonos recordar que temos unha queixa pendente sobre os descontos das débedas do Concello de Pontevedra das axudas para alimentos.

Logo Carlos Teijo. Explicou a diferenzas entre os dereitos fundamentais e os que non o son, foi moi interesante saber que o xulgado de Estrasburgo consegue que paguen indemnizacións pero teremos que repasar a fondo todo o que explicou xa que abre moitas vías de traballo interesantes.

Sobre a mesa de partidos políticos, nada novo, solicitámoslle os correos aos que estaban presentes e seguimos confiando en que teñamos mais comunicación que cos da mesa que cos do ano pasado e poidamos ir sabendo a que dedican parte dos seus ingresos que teñen que invertir na participación das persoas exlcuidas.

Os grupos de traballo foron coma sempre interesantes, puidemos discutir e contrastar opinións cos compañeiros de toda Galicia, votamos de menos o grupo da Fundación Secretariado Xitano, e de Cáritas. Pronto estarán colgadas as conclusións na páxina da EAPN e poderemos seguir presentes coas nosas reivindicacións.

O mellor foi a comida compartida, dispuxemos nas mesas o que levou cada un, e puidemos coñecer con calma outras persoas participantes, cuestión que habería que mellorar noutros encontros, esperemos ter mais dispoñibilidade para propor o ano que vén dinámicas de confianza e coñecemento que poderían ser moi interesantes.

Tres persoas de Vigo e unha de Redondela deixáronnos os seus enderezos e esperamos poder ir tecendo algo de rede electrónica entre nós.

O compañeiro de FEAFES, amenizounos a sobremesa cunha boa música. Grazas!!.

Pepa V.

No hay comentarios:

Publicar un comentario