domingo, 9 de junio de 2013

Gacetilla de Maio



Gacetilla Maio 2013

Tivemos catro reunións en maio; aínda que a participación nas mesmas foi moi escasa. A pouca asistencia é debida a causas diversas. Imos ver que ocorre o mes que ven; pero pensamos que unha asociación de catro non ten moito sentido.
Temos problemas para atraer novos socios e iso que pobres non faltan. Tal vez non hai suficiente cultura asociativa ou simplemente non soubemos atraer á xente; aínda que é un feito constatado que as clases mais desfavorecidas teñen mais dificultades para participar en proxectos onde non hai un beneficio económico instantáneo. É un problema de educación.

Este mes estivemos preparando a participación no encontro do 8 de xuño da EAPN. Ao final os que vaiamos poderemos escoitar as verbas do valedor do pobo. Algúns dirán que pode ser un bo somnífero; pero igual nos sorprende. Podería ser interesante saber que fixo con respecto á estafa das preferentes de Novagalicia. Si amigos, a situación é tan dura e a corrupción tanta, que para demasiada xente o discurso repleto de datos dun político conservador pode non ser moi apetecible.
Por outra banda a compañeira Ruth vai estar de dinamizadora de grupo. É unha experiencia nova para ela. Pensamos que vai ser unha bo aprendizaxe.

Da iniciativa de facer arquivadores de cartón, aínda non a temos totalmente valorada, soamente dúas participantes, tiraron da iniciativa con ganas, para o verán veremos se podemos rematalos e levalos á venda o domingo na praza da verdura que hai mercado libre de antigüidades e o que se queira.

Seguimos co grupo de axuda mútua de monteporreiro. Falamos para 30 persoas da Parroquia e en xullo teremos o ultimo tema que despois do autocoñecemento e autoestima pasaremos a xestión do pouco diñeiro que temos.

Saúde.
Equipo Boa Vida.



No hay comentarios:

Publicar un comentario