Con
esta iniciativa, EAPN-Galicia pretende poñer o foco de atención
nunha realidade que moitas veces pasa desapercibida: as situacións
de exclusión social que sofren moitas persoas nas nosas vilas e
cidades. As imaxes amosan outras vidas, outras problemáticas que
queremos que estean presentes a través desta mostra na axenda
política pero tamén na sociedade.
A
exposición poderá verse dende o xoves 19 de decembro ata o próximo
8 de xaneiro en horario de 9:00 a 21:00 de luns a sábado.
EAPN-Galicia
é unha organización formada por 18 entidades do terceiro sector de
toda Galicia cun obxectivo en común: a loita contra a pobreza e a
exclusión a través da defensa dos dereitos das persoas en risco.
Entre as entidades de Pontevedra figuran Boa Vida Inclusión
Activa (promotora desta actividade) , Cáritas Pontevedra, Confederación Galega de Persoas con
Discapacidade (COGAMI), Federación Autismo Galicia, Federación de
Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia (FEAFES),
Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE), Down Pontevedra
Xuntos, Fundación Érguete Integración, Fundación Meniños,
Fundación Secretariado Xitano, Instituto Galego de Xestión para o
Terceiro Sector (IGAXES3)
LUGAR:
Biblioteca Antonio Odriozola de Pontevedra. Rúa Alfonso XIII, 3.
HORA:
11:00
CONTACTO:
Xosé Cuns (Director de EAPN-Galicia) 698 12 71 10 ou Teresa Patiño
(Boa Vida Inclusión Activa) 695 465 526/668.862.139
No hay comentarios:
Publicar un comentario